A acomodada Irene Wagner, a anciá Mrs. C. e unha anónima descoñecida son as mulleres que protagonizan estas tres breves obras mestras de Stefan Zweig, Medo, Vinte e catro horas na vida dunha muller e Carta dunha descoñecida.
Tres retratos femininos, dos seus desexos, fracasos, pensamentos e medos, obra dun narrador extraordinario e elegante capaz de afondar dun xeito maxistral na psicoloxía das súas protagonistas.
Mulleres dun tempo onde os prexuízos sociais e morais condicionaban a súa liberdade e independencia.