HENDRICKS, GAY / MARTÍNEZ GONZÁLEZ, XURXO / SINGUL LORENZO, FRANCISCO / SOUTO SOUTO, MARTÍN / ESTRADA NÉRIDA, JULIO
Segunda edición actualizada e ampliada da obra que, publicada en 2016, impulsou a apertura do histórico Bosque do Banquete de Conxo de 1856. Incorpora máis de trinta nuevas fotografías e ilustracións, actuais e históricas; os textos completos dos tres brindis pronunciados naquel acto por Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal e Luis Rodríguez Seoane, pero tamén a noticia doutros brindis, ata agora descoñecidos, tan atrevidos para a súa época que nin sequera chegarían a ser publicados. Xunto a todo isto, moitos datos novos -históricos e literarios- sobre este lugar, un mapa actualizado do bosque, cun total de oitenta ilustracións, planos e fotografías.
Viaxamos ao espazo natural que tanto fascinou a Rosalía de Castro; ao histórico mosteiro que visitou Federico García Lorca en 1916; ao soutoo que versou, na bruma do século XIII, o trovador Joam Airas; e tamén, ao lugar de devoción pola Virxe da Cuncha de milleiros de peregrinos desde tempos medievais.
Todos estes feitos figuran concentrados nun espazo concreto ao sur de Compostela: a carballeira do Banquete de Conxo. Nel, un domingo 2 de marzo de 1856 viviríase un acontecemento insólito: a celebración dun banquete democrático onde brindaron xuntos, pola liberdade e a fraternidade, estudantes e artesáns. Daquí xurdiría a xeración que máis adiante vai a promover o Rexurdimento pleno da cultura galega.
Neste bosque, ás beiroas do río Sar, resisten os últimos carballos centenarios do Banquete de Conxo, testemuñas vivas de acontecementos únicos na historia de Galicia.