CAAMAÑO DOMÍNGUEZ, FRANCISCO / JOVE VILLARES, DANIEL
Preto de facer corenta e cinco anos, o autogoberno de Galicia xa non pode explicarse de xeito estático, coma se fose unha realidade illada.
A nosa Comunidade Autónoma forma parte dun complexo sistema de gobernanza multinivel que vai desde as entidades locais ata a UE, pasando polo Estado. O fundamento democrático dese modelo fai que a cidadanía teña que xestionar distintas identidades (a galega, a española, a europea) e que os seus dereitos e as relacións cos poderes públicos varíen en función do eido institucional en que desenvolven as súas actividades. Este é o enfoque deste libro, dirixido a un público amplo, onde se contrastan as semellanzas e as grandes diferenzas que existen entre o federalismo e o autonomismo, como estratexias descentralizadoras do poder político.