Un novo título en galego da colección Makakiños ?Día a día?, adaptado aosistema SPC de pictogramas, no que visitamos unha biblioteca inclusiva daman de Nicolás. A colección Makakiños é unha iniciativa de Kalandraka en colaboración coaAsociación Baión de Tratamento do Autismo (BATA) para achegar a lectura apersoas con necesidades de apoio educativo e facilitar a inclusión de todas etodos. Son un conxunto de libros ?de fácil lectura? que procuran unha maiorcomprensión a nivel escrito e visual a través da linguaxe de pictogramas SPC(Símbolos Pictográficos de Comunicación), baseada en debuxos e cores. A colección Makakiños ?Día a día? permítenos coñecer diferentes espazoscomúns na vida diaria e anticipar a visita a estes lugares. ?Nicolás vai á biblioteca?amósanos as múltiples posibilidades que ofrecen estes espazos e osdiferentes materiais que están a disposición do público, ademais de mostrarnoscomo funciona o servizo de préstamo. De tons alegres e luminosos, as ilustracións de Alicia Suárez destacan poloseu carácter descritivo, lúdico e a expresividade dos personaxes. Son imaxesclaras, perfe