Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súas publicación desde 1950 traendo aos lectores e lectoras do século XXI moitas destas obras innovadores que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade.
O terceiro volume desta colección conmemorativa é a reedición do método para gaita de Enrique Otero Covelo (Vigo, 1930-2013), coñecido como de O Gaiteiro do Frago. Leccións de gaita, publicado por Editorial Galaxia en 1978, que se completa co cuarto curso, rexistrado por Otero en 1980, mais inédito para o público.
Esta metodoloxía, próxima a facer o medio século de existencia, marcou un fito nas edicións pedagóxicas da música galega e da aprendizaxe da gaita galega en par- ticular. Enrique Otero foi o primeiro gaiteiro da tradición en realizar unha proposta semellante xuntando os seus coñecementos e experiencia como músico da Banda Municipal de Vigo, onde tocaba o bombardino, coa súa militancia na tradición musi- cal en grupos da contorna, pero recoñecidos en Galicia enteira, como Os Cruc