En 1467, trescentos vinte e dous anos antes da Revolución Francesa, instáurase en Galicia o segundo goberno democrático de Europa -despois do grego-, coa primeira Xunta de Melide. A carta do rei Enrique IV autorizando o derrocamento das fortalezas onde se ocultan malfeitores protexidos pola nobreza preeira, acende a faísca da revolta irmandiña que afunde as raíces da liberdade baixo os muros das fortalezas. Nobreza, clero, burguesía e pobo, sen distinción de idade, raza ou condición, loitan unidos contra os abusos xeneralizados e a violencia de moitos dos nobres, logrando botar do reino a todos aqueles que non xuran a constitución da irmandade aprobada polo rei.