Un novo acartonado con texto rimado para coñecer os mares e os seus habitantes.
A noite e os soños ofrecen a grandes e pequenos unha marabillosa oportunidade para vivir aventuras compartidas. Nesta ocasión, unha viaxe extraordinaria pola superficie e polo fondo dos mares. Polbos, linguados, atúns ou sardiñas serán os nosos compañeiros de xogos nocturnos acompañados da lúa.
Nos versos rítmicos e sonoros de Nieves García, gran coñecedora da tradición poética, resoan os ecos de Lorca, Guillén, Alberti ou Miguel Hernández e son un vehículo ideal para transmitirlles aos prelectores e prelectoras o gusto pola palabra iniciando o seu camiño no itinerario lector. As imaxes vivas e coloridas de Marina Gibert completan esta proposta ideal para nenos e nenas de dous anos en diante.