(G).ENTOMOLOXIA PARA MISIONEIROS.(LITERARIA)

(G).ENTOMOLOXIA PARA MISIONEIROS.(LITERARIA)

CASTRO PAREDES, FERNANDO

21,00 €
IVA incluido
Entrega en 8 - 10 días
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA, S.A.
Año de edición:
2023
Materia
Literatura. narrativa
ISBN:
978-84-1176-152-9
Páginas:
310
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Literaria
21,00 €
IVA incluido
Entrega en 8 - 10 días

PREMIO GARCÍA BARROS 2023
O vinculeiro dunha podente familia de Capri, presbítero dunha relixión que se concibe a si mesma como a “Fe Verdadeira”, desaparece no cumprimento do seu labor misional nun territorio inhóspito habitado por pobos ignotos, que semellan pertencer máis ao mundo da lenda que ao da realidade. Os pais do misioneiro contratan a un experto antropólogo para localizalo e, se é posible, traelo de volta á casa.
Ambientada nun século XIX imaxinario, Entomoloxía para misioneiros constrúe, mediante a diversidade de linguaxes e técnicas narrativas, un universo de ficción onde o espírito aventureiro engarza situacións que contrapoñen a devoción relixiosa co racionalismo científico e a civilización coa barbarie, e conceptos como “honor”, “valentía”, “pecado” e “deus” adquiren un novo significado para as persoas en canto se ven sometidas aos avatares do seu destino.

Artículos relacionados

  • FINXIMENTOS
    PÉREZ REI, MARIÑA
    Nené baila unha danza de resistencia ao redor de Heinrich, nunha escena de xadrez que os volve invisibles. Os dous sobreviven nun mundo en crise, nun teatro de máscaras onde nada é o que parece e a identidade se torna un xogo, un intercambio efémero entre bambolinas. Asalariados, estafadores ou grandes cínicos, os dous deambulan na procura dunha esquina limpa na costa galega p...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    17,95 €

  • A FUXIDA
    REY VÁZQUEZ, CRISTINA
    Obra finalista, orixinalmente titulada Letras azuis sobre formigón gris, do V Premio de Novela Vilar Ponte do Concello de Viveiro (2023). A fuxida conta a historia de Sumailla e a súa familia andina, pero non só, pois, como apunta o xurado “ensambla a historia colonial coa realidade galega da emigración desde unha visión crítica, abordando cuestións como a desigualdade social,...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    13,50 €

  • OS DO MAR
    PAZ, PACO
    O pequeno porto de Rinlo, na costa de Lugo, é protagonista desta historia pola que desfilan personaxes estrambóticos, matóns e sereas terrestres, e na que nada nin ninguén é o que parece. Talvez, neses días finais do outono, só a vila mostra a súa auténtica faciana. O xornalista de "El Progreso", Roi Díaz, indagará sobre a desaparición dun vello mariñeiro percorrendo as súas ...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    18,00 €

  • O INCENDIO
    VILA ALONSO, SARA
    Unha adolescente narra os acontecementos que marcaron os meses previos a un devastador incendio. O lume arrasou Neboeiro, a aldea da súa avoa, e cambioulle a vida para sempre. As primeiras experiencias sexuais, o acoso escolar, a morte e o forte vínculo coa súa avoa e cunha cadela abandonada determinan o devir da historia, ambientada nun rural descoidado que esmorece. Cunha voz...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    17,95 €

  • AS VIDAS DO RÍO
    TEIXEIRA RODRÍGUEZ, XULIO
    Unha cidade con vida. Un río de morte que a rompe. O cadáver dunha muller. Un asasinato? O primeiro. A partir de aí a escuridade e o fanatismo anuncian días de horror. Polo medio, intriga, tensión policial e humor. Un reloxo en marcha, a ignorancia do que acontece e as pantasmas do pasado. Nas misteriosas e revoltas augas da cidade de Pontevedra, o comisario Serafín Freixeiro d...
    No disponible

    20,50 €

  • PEL DE CORDEIRO
    COSTAS ÁLVAREZ, LEDICIA
    Catarina pertence a unha estirpe de bruxas. Herda da súa avoa o oficio e afonda nos segredos das plantas medicinais. Críase nunha consulta demencial, onde acoden enfermos con todo tipo de doenzas. Nos últimos anos da Inquisición, no medio da fame e a miseria, elas son o máis semellante a un doutor que existe en Merlo, pero cunha diferenza: son necesarias pero tamén odiadas. Lo...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    19,50 €

Otros libros del autor

  • MISS ANTROPÍA
    CASTRO PAREDES, FERNANDO
    Noe está anoxada co mundo. Non encaixa. Todo se esboroou tras a morte do pai e séntese atrapada e sen horizontes. Odia a súa nai. Odia canto a rodea. A súa furia interior acaba envorcándose na creación dun perfil falso nas redes sociais: “Miss Antropía”, no que inventa a vida dunha rapaza que está morrendo de cancro. A nai de Noe decide mudarse. Un cambio radical. Un novo comez...
    Entrega en 8 - 10 días

    17,75 €