Publicado por primeira vez en 1973, este álbum foi o primeiro queTomie dePaola dedicou aos seus recordos de infancia. Trátase dunhahistoria autobiográfica de carácter interxeracional que nos achega acuestións fundamentais da vida como o afecto, a familia, a perda deseres queridos, etc.
Nesta historia chea de tenrurapreséntase a noción do paso do tempo desde dous planos, o cotián e oexistencial, e en consecuencia introdúcese o tema da vellez: esemisterio que só se resolve cos anos. Pola súa banda, o protagonistaafronta un proceso de duelo, unha experiencia que lle axudará a medrar e que todos teñen que vivir tarde ou cedo.
Cunhailustración figurativa caracterizada polas cores suaves e o encadrefrontal, o autor evoca unha atmosfera chea de nostalxia e agarimo nunrelato que se converteu nun clásico da literatura infantil.