Unha entrañable historia de amizade entre un can e un nenovista dende outra perspectiva. Ter unha mascota é unha experiencia enriquecedora, perocoidar dela non é unha tarefa doada. Fan falla altas dosesde cariño e empatía, aínda que tamén de moita paciencia.Este álbum, escrito por David Hernández Sevillano, narracon humor e ironía a relación de amizade entre Coco e a súa?mascota? dende un punto de vista diferente, onvidándonos aacompañalos ao longo dun día repleto de aventuras, xogos ecomplicidades. As ilustracións minimalistas de Alejandra Estrada complementano texto acentuando este xogo de roles entre os dousprotagonistas. Utiliza trazos áxiles e dinámicos marcando axestualidade e a expresividade corporal de ambos.