O coello Simón plantou moitas cenorias pero alguén lle suxeriu
que puxera leitugas, alguén tomates, alguén berenxenas
e a horta medrou, enchéndose non só de vexetais senón tamén duns labregos
moi especiais: o rato, a galiña, o chibo, o porquiño, a raposa
O X Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados
é un eloxio ao traballo colectivo, á convivencia en harmonía
e en contacto coa natureza.