Búsqueda de Editorial : XERAIS EDICIONS DE GALICIA,S.A

700 resultados

XERAIS EDICIONS DE GALICIA,S.A Eliminar filtro Quitar filtros
  • A BOA MORTE
    FEIJOO, PEDRO
    Entre as paisaxes furiosas e impactantes da Ribeira Sacra non só se move a natureza. Agochadas no silencio comunal, pódense presentir historias que non se contan ou... que non se deben contar. Historias de silencios, de mortes, de dor. Dous falecementos, un deles o do herdeiro dun poderoso imperio do viño, son declarados pola Garda Civil como simples accidentes. Non obstante,...
    Entrega en 8 - 10 días

    23,95 €

  • O CLUB DE LECTURA DA FIN DO MUNDO
    MONTEAGUDO, XOSE
    A directora dun complexo residencial intenta manter as normas de convivencia. Fronte dela, cada residente actúa conforme ás súas ideas, nunha sociedade onde as persoas se liberan dos roles tradicionais predeterminados polos vínculos. Os personaxes de «O club de lectura da fin do mundo» comezan a sentirse libres de ataduras familiares por primeira vez nas súas vidas. A unha ida...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    21,50 €

  • OFICIO NOCTURNO
    AMEIXEIRAS, DIEGO
    Cibrao traballaba de porteiro nunha discoteca, pero o local pechou e agora vaga cada noite pola cidade, atrapado nunha espiral de pensamentos destrutivos. O encontro casual cunha misteriosa muller incrementará esa sensación de irrealidade. Pasan a noite xuntos, pero advirte algo estraño na súa actitude, coma se notase o alento de alguén que a está perseguindo. Quizais iso expli...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    18,95 €

  • CACHITA, O PARAUGAS E
    ANEIROS, ROSA
    «De súpeto, unhas mulleres guindaron pedras contra a casa do alcalde e, coma unha castaña sen picar no lume, estourou a rebelión. A irrupción da Infantería e Cabalería da Garda Civil desatou o pánico e comezaron caer corpos ao chan. Cachita liscou a fume de carozo. "Teño que ir, Lucía, pareceume ver a mamá!" Corrín atrás dela, subín ao faiado, apañei o meu prezado paraugas enca...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    15,95 €

  • A GRAN FAMILIA. FIGURAS CLAVE DA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA
    CUESTA, TOMÁS
    Tomás Cuesta ofrece neste libro un percorrido rigoroso e apaixonado polas vidas, estilos e achegas dalgúns dos protagonistas que marcaron a identidade sonora de Galicia. A obra parte dunha anécdota internacional para reivindicar o valor universal da música tradicional do noso país. A través de relatos biográficos, acompañados da forza icónica das ilustracións, Cuesta explora a ...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    24,95 €

  • LONGA NOITE DE PEDRA
    Nicolás, Ramón / FERREIRO, CELSO EMILIO
    Longa noite de pedra (1962) é unha das obras claves para entender a nosa literatura contemporánea: libro emblemático e referencia obrigada de toda unha época e de hoxe. Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912-Vigo, 1979) acada nestas páxinas algúns dos seus momentos máis intensos, brillantes e conmovedores. A eficacia da comunicación poética, a forza da súa palabra, a autenticida...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    14,90 €

  • OS EIDOS. O LIBRO DO COUREL
    BLANCO GARCIA, CARMEN / RODRÍGUEZ FER, CLAUDIO / NOVONEYRA, UXIO
    Cando Uxío Novoneyra publicou Os Eidos, en 1955, a súa voz converteuse de inmediato nunha das máis intensas, renovadoras e salientables da poesía galega. En Os Eidos agroma unha poesía limpa, concisa e breve, que asenta nunha profunda identificación entre o poeta e a natureza, e que nos vai mostrando, desde un certo ensoñamento de quen escribe, un intimismo radical ligado á ter...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    19,95 €

  • DE CATRO A CATRO
    MANUEL ANTONIO
    Publicado en 1928, «De catro a catro», de Manuel Antonio, é un dos libros máis abraiantes da literatura galega e converteu o seu autor nun referente ineludible das vangardas europeas. Manuel Antonio asumiu a vangarda como a única posibilidade de escribir poesía no seu tempo e, en palabras de X. L. Méndez Ferrín, humaniza os seus poemas a partir dunha «profunda vivencia do mar, ...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    10,50 €

  • AS FLORES RADIOACTIVAS
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Un estraño resplandor aparece no mar, nunha área coñecida como Fosa Atlántica. Nesa zona, durante ben de anos, varios países europeos mergullaron os residuos radioactivos das súas centrais nucleares. Cando a OTAN envía barcos ao lugar, descóbrese algo sorprendente que as autoridades ocultan para non provocaren alarma entre a poboación. Alba é unha rapaza que se sente intrigada...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    12,50 €

  • ARNOIA, ARNOIA
    MENDEZ FERRIN, X.L.
    En Arnoia, Arnoia Nmógadah, un dos príncipes Segredos das terras de Arnoia vese preso e forzado ao exilio polo pobo dos veciños, invasores da súa terra e asasinos de Mai Loretta, quen antes de morrer lle dá dous obxectos: unha bolsiña máxica e o Libredón. Coa axuda do Libredón, Nmógadah e o Mestre Lionel libéranse dos seus captores e comezan as súas aventuras: o encontro co xig...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    14,50 €

  • CARTAS DE INVERNO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    14,50 €

  • VOLVERÁS, GOLFIÑO
    MACEIRAS, ANDREA
    A familia de Iris vese obrigada a mudarse á casa do avó na Costa da Morte. Alí as longas tardes do verán énchense coas visitas da nena ao desacougante areal de Trece e coa luz do faro de Cabo Vilán, que advirte de invisíbeis perigos. Algo escuro se agocha no baúl que Iris descubre no faiado e que inexplicabelmente leva escrito o seu nome. Algo que ten que ver co mar e coa negru...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    14,50 €

  • JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA
    COSTAS ÁLVAREZ, LEDICIA
    O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta. Lograría por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía? Na botica do vello Philipot custódiase un importante segredo: alí, aparentando normalidade, viven a avoa Melisa e Violeta, dúas mulleres rodeada...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    14,50 €

  • ESMERALDINA, A PEQUENA DEFUNTA
    COSTAS ÁLVAREZ, LEDICIA
    O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste. Nas súas cociñas a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial. A vida avanza entre pucheiros ata que un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena. A noticia da súa morte corre como a pólvora entre os habitantes do alén, e empezan a chegar...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    14,50 €

  • CONEXIÓN MACARRÓN
    COSTAS ÁLVAREZ, LEDICIA
    A Espe e a Rino non lles gustan os paraugas, por iso agardaban debaixo dun tobogán a que parase de chover cando un señor fúnebre, con roupa, chapeu e paraugas negros, lles preguntou se querían que os acompañase á casa. Díxolles que era Expósito e que vivía no seu mesmo edificio, no noveno andar. Todo nel lles pareceu sospeitoso: o sombreiro dáballe voltas sobre a cabeza, os seu...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    13,50 €

  • O NENO DE LUME
    COSTAS ÁLVAREZ, LEDICIA
    Morgan é un neno peculiar. De bebé apareceu nunha cesta diante da casa da señora Culpepper xunto cunha nota que dicía: «Lévenme máis alá da néboa. Busquen a casa das tres irmás e díganlles que son o neno de lume». Sobre o seu ombro dereito sempre vai Luminaria, unha pequena chama que só el pode ver e con quen pode falar. Unha mañá, a cidade aparece cuberta por unha mesta néboa ...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    14,90 €

  • A REVOLUCIÓN DOS VAGALUMES
    RIVAS, MANUEL
    Como no peor pesadelo de ciencia ficción, unha Maquinaria de Facer Desacougar tomou o mando do rumbo do planeta. Unha apisoadora de aceleración retrógrada. A descivilización. A atmosfera intoxicouse cun «mal de aire», un pesticida do pensamento, un herbicida das palabras, un novo DDT cos ingredientes do Despotismo, a Depredación, e un Terror semántico que volve proclamar a cons...
    Entrega en 8 - 10 días

    18,50 €

  • A BANDA DA ALBÓNDEGA E O MISTERIO AFUNDIDO DE ARELEIRA
    G. ABUÍN, IVANA
    En Areleira, unha pequena vila mariñeira onde a marea deixa ao descuberto lodo, cunchas de mexillóns e segredos, Antía e o seu can Ringo atopan unha pequena caixa enferruxada enterrada na praia. Dentro agóchase un fragmento de cerámica azul cun símbolo misterioso. O que semella ser unha simple curiosidade convértese axiña na primeira pista dun enigma. Cos seus amigos Brais, Lúa...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    12,95 €

  • A LINGUA DOS GRIFÓNS
    LOPO, SANTIAGO
    No continente de Anterga a natureza e as palabras están desaparecendo. A poeta Viri e o seu irmán Lauro medran nun orfanato onde a lingua antiga só serve para despedir os mortos. Un día reciben un convite misterioso e emprenden unha misión para salvar o mundo, desafiando a opresión que sofre o seu pobo. Entre profecías esquecidas, criaturas fantásticas, desertos de sal e selvas...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    13,95 €

  • A BOCA DO RÍO
    LEMA, ALBERTO
    Na Galicia da posguerra, a burguesía franquista quere facerse dona da terra, da auga e da memoria do país. «A boca do río» é unha novela que afonda nos abusos dos colaboradores da ditadura e amosa que o seu discurso de «reconstruír e modernizar» non era máis que unha coartada para promover inmensos negocios privados. Sen maniqueísmos nin leccións de historia disfrazada, esta o...
    Entrega en 8 - 10 días

    22,50 €

  • AS PERIPECIAS DE EXTRAVAGANZZA PÉREZ
    COSTAS ÁLVAREZ, LEDICIA
    Extravanganzza Pérez vive nunha casa que semella un zoolóxico. Os seus pais son dous biólogos de moita sona. Semellan estar algo tolos, pero queren aos animais e mais á súa filla pola vida. Un día marchan a unha expedición secreta deixando a Extravaganzza soa na casa. Ela está encantada. Vivir sen pais é o mellor que lle pode pasar a unha nena... agás se os teus pais non dan...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    12,50 €

  • AS BRUXAS
    DALH, ROALD
    As Bruxas de Roald Dahl narra a historia dun rapaz e maila súa avoa que se enfrontan á terrible Asociación de Bruxas de Inglaterra, mentres estas, baixo a aparencia de mulleres correntes celebran a súa convención anual nun hotel... Ninguén cre nas bruxas, pero haber hainas. E estas das que fala Roald Dahl posuén podeorosísimos nenicidas. Os nenos para unha bruxa son sucios e fe...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    15,50 €

  • CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE
    DALH, ROALD
    O señor Willy Wonka, o xenio da fabricación de lambonadas, agachou cinco billetes dourados nos envoltorios das súas chocolatinas. Os que dean con eles poderán visitar a súa misteriosa fábrica, onde se elaboran as lambetadas máis sabedeiras que se poida imaxinar: xeados que nunca se derreten, caramelos eternos que non se desgastan, chicles que nunca perden o sabor, globos de azu...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    15,50 €

  • O MISTERIO DAS BADALADAS
    DOCAMPO, XABIER P.
    No campanario da igrexa de Eiranova acaban de instalar un reloxo. Comezan a soar por primeira vez as badaladas que anunciarán a todos os habitantes que son as doce da noite. Unha, dúas, tres..., dez, once... Entón sucede algo que haberá dar nun acontecemento que só cinco rapaces resoltos e afoutados quererán pescudar até encontrar explicación para un fenómeno que a todos confun...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    15,50 €

  • O CAMIÑO DE SANTIAGO: DOCE SÈCULOS DE HISTORIA
    GARRIDO, MANUEL
    Nacido das peregrinacións que comezaron a realizarse a Compostela no século XII, o Camiño de Santiago é unha das creacións culturais máis grandes e lonxevas desenvolvidas en Europa no último milenio. «O Camiño de Santiago: doce séculos de historia» é un pequeno tesouro, tanto para o peregrino que quere adquirir un coñecemento ameno e rigoroso que sen dúbida enriquecerá a súa ex...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    17,50 €

  • ZODIAKIDS 1. O PODER DAS ESTRELAS
    COSTAS ÁLVAREZ, LEDICIA
    Na véspera do seu décimo aniversario, Estela descobre que o seu sinal de nacemento non era unha simple marca na pel con forma de serpe, senón un zooiko: unha criatura de luz que salta fóra do seu corpo e desata un poder que aínda non sabe controlar. Mentres intenta entender que lle sucede, atopa un observatorio máxico no subsolo da biblioteca que resulta ser a base de operación...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    13,50 €

  • ZODIAKIDS 2. LÚA DE SANGUE
    COSTAS ÁLVAREZ, LEDICIA
    Mentres a vila de Altoceo se prepara para a eclipse máis espectacular do ano, algo vai escurecer o ceo moito máis ca a sombra da Terra sobre a Lúa. Ras, o Señor da Noite, ten un plan: darlle vida a Sirius, o can da constelación, para que esperte o seu amo. E o seu amo é Orión, o cazador xigante que leva séculos durmido no ceo cun rancor enorme gardado dentro. Os Zodiakids nunca...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    13,50 €

  • HISTORIAS DO QUINTOPINO
    QUINTIÁ, XERARDO
    Nun recuncho do mapa está O Quintopino, unha vila un tanto estrafalaria onde é doado atoparse con personaxes únicos, como poetas a tempo completo, dragóns vexetarianos, princesas guerreiras, monstros co corazón avariado ou bruxas que buscan compañía. Un libro de relatos sorprendente, cheo de enxeño e xogos de palabras, que celebra a imaxinación, a amizade verdadeira, o poder tr...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    12,95 €

  • SOÑOS DE LUNARIA
    COSTAS ÁLVAREZ, LEDICIA
    En Lunaria, humanos e teriántropos conviven baixo unha suposta paz. Cada dezasete anos, cando as carricantas agroman da terra, celébrase o Sorteo dos Primoxénitos, o que significa que comeza a cacería. Kiran Lobo, fillo dun humano e dunha lince boreal, foi adestrado para sobrevivir ao Rito dos Condenados: cinco días no bosque fuxindo de cinco bestas. Mais Kiran leva dous anos s...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    19,50 €

  • SÓ PARA ADULTOS
    MISA, IRIA
    «Só para adultos» é unha novela que afonda, con crueza e tenrura á vez, na adolescencia actual atravesada polas pantallas, o contido sexual e as redes sociais. Daniela vive nun mundo onde os límites da intimidade e do consentimento están desdebuxados. Xandre e o seu grupo de amigos son rapaces educados polo consumo masivo de pornografía, que converte os corpos das mozas en trof...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    12,95 €