Búsqueda de Editorial : XERAIS EDICIONS DE GALICIA,S.A

518 resultados

XERAIS EDICIONS DE GALICIA,S.A Eliminar filtro Quitar filtros
  • TRÁVELIN
    PIÑEIRO, ANTONIO
    Santiago de Compostela, en pleno apoxeo da movida dos oitenta, vibra na noite do xoves. Centos de estudantes universitarios móvense polas rúas do ensanche. Unha nova no Telexornal dá conta dun achado nun vehículo abandonado entre as silveiras da periferia. A cámara de televisión evoluciona sobre o suceso coma nun trávelin ata a imaxe final, na que o inspector Alaín examina o es...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    9,99 €

  • TERANGA
    MACEDA, BEATRIZ
    «Vencerse é cousa de se tratar.» Este verso da escritora Xela Arias é o xermolo da historia dun grupo de rapazas que son quen de superar todos os atrancos que xorden na súa vida persoal e no instituto grazas á «Teranga» e á riqueza de compartir as palabras que nos definen nas distintas culturas. Aquel fora un curso escolar inesquecible para todas, porque o amor, o compañeirismo...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    12,95 €

  • FINXIMENTOS
    PÉREZ REI, MARIÑA
    Nené baila unha danza de resistencia ao redor de Heinrich, nunha escena de xadrez que os volve invisibles. Os dous sobreviven nun mundo en crise, nun teatro de máscaras onde nada é o que parece e a identidade se torna un xogo, un intercambio efémero entre bambolinas. Asalariados, estafadores ou grandes cínicos, os dous deambulan na procura dunha esquina limpa na costa galega p...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    17,95 €

  • A NOITE DAS CEBOLAS
    ANEIROS, ROSA
    Unha mañá de outono calquera no MoMA de Nova York Abril Andrade contempla «A noite estrelada» de Van Gogh cando recibe noticia da irreversibilidade do seu cancro e, seguidamente, do falecemento do tío Bastián. A herdanza do vello faro familiar proporciónalle un inesperado refuxio onde o mar, a area e os toxos conforman a paisaxe solitaria na que ela se resigna a aceptar a súa p...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    17,95 €

  • PERDER AS BESTAS
    VEIGA TABOADA, MANUEL
    A acción transcorre nunha comarca preto da fronteira. As partidas de guerrilleiros comezan a reagruparse coa esperanza de que o final do nazismo sexa tamén o final da ditadura. O goberno organiza entón as chamadas contrapartidas, formadas por gardas e exmilitares, que actúan baixo falsa bandeira coa finalidade de sementar o terror e desprestixiar os seus adversarios. Acompañam...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    16,95 €

  • SOMOS UN POBO DE ARTISTAS
    SOUTO, XURXO
    O primeiro monumento da literatura galega son as cantigas medievais. Os "Cantares Gallegos" de Rosalía son o gran referente do Rexurdimento. Cantigas e cantares. Non obstante, a música sempre estivo ausente nas clases de literatura. En 1999 Luísa Villalta publicou "O outro lado da música, a poesía", libro-referente, onde puxo en valor a mutua atracción que senten entre si ambas...
    Entrega en 8 - 10 días

    17,95 €

  • LUÍSA VILLALTA. MELODÍA DE PALABRAS
    CANOSA, MARÍA
    Luísa Villalta (1957-2004) foi unha muller comprometida coa vida e fixo desta un espazo máis amable, que encheu de compromiso e de beleza. A Villalta dedícaselle o Día das Letras Galegas 2024 pola súa inestimable achega literaria. Foi unha visionaria, unha modernizadora da poesía e do teatro, pero tamén unha congruente defensora das nosas raíces e da nosa historia. Ademais de n...
    Entrega en 8 - 10 días

    12,95 €

  • A CASA DO AMO
    REIMÓNDEZ, MARÍA / LUNA ALONSO, ANA / ÁLVAREZ LUGRÍS, ALBERTO
    A finais dos anos setenta, a escritora feminista negra lesbiana estadounidense Audre Lorde resumía a súa crítica ao feminismo branco coa famosa frase: «As ferramentas do amo nunca desmantelarán a casa do amo». A súa mensaxe ecoa aínda hoxe en diferentes movementos supostamente transformadores nos que se deixa de lado unha crítica en profundidade ás estruturas coloniais e racist...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    18,95 €

  • PEL DE CORDEIRO
    COSTAS ÁLVAREZ, LEDICIA
    Catarina pertence a unha estirpe de bruxas. Herda da súa avoa o oficio e afonda nos segredos das plantas medicinais. Críase nunha consulta demencial, onde acoden enfermos con todo tipo de doenzas. Nos últimos anos da Inquisición, no medio da fame e a miseria, elas son o máis semellante a un doutor que existe en Merlo, pero cunha diferenza: son necesarias pero tamén odiadas. Lo...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    19,50 €

  • POETÍZATE
    ALONSO, FRANCISCO
    Cunha concepción desenfadada e rebelde, «Poetízate», a coñecida antoloxía poética feita por Fran Alonso, converteuse, desde a súa publicación, nunha ferramenta de referencia para achegar a poesía á mocidade. E é que a poesía non é aburrida, nin cursi, nin difícil. Esta antoloxía demóstrao, con poemas seleccionados para as persoas que non están afeitas a ler poesía e con códigos...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    13,50 €

  • O INCENDIO
    VILA ALONSO, SARA
    Unha adolescente narra os acontecementos que marcaron os meses previos a un devastador incendio. O lume arrasou Neboeiro, a aldea da súa avoa, e cambioulle a vida para sempre. As primeiras experiencias sexuais, o acoso escolar, a morte e o forte vínculo coa súa avoa e cunha cadela abandonada determinan o devir da historia, ambientada nun rural descoidado que esmorece. Cunha voz...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    17,95 €

  • A TETA SOBRE O SOL
    NOVO, OLGA
    Desde todos os confíns da terra e dos tempos se sabe onde residen a beleza e a verdade, aínda que todo se cale e todo se tema porque a paixón se controla furiosamente baixo o disfrace do decoro, baixo a presión da conveniencia, baixo as sete chaves do inferno da mentira e do desamor. Por iso onde escribamos lugar entenderán patria e onde digamos desexo entenderán provocación: t...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    12,95 €

  • PAN GALEGO
    LAVANDEIRA, EDU
    Os galegos efectivamente somos en ocasións reservados, humildes e non moi dados a presumir de nada. Ata que toca falar de pan. Aí non hai reservas nin miramentos. Os galegos non temos problemas en dividir o pan en dúas categorías: o que é pan e o que non. Entre o segundo grupo atópase todo aquel pan que non sexa galego. «Iso non é pan nin é nada» é unha frase que calquera galeg...
    No disponible

    22,95 €

  • CELSO EMILIO FERREIRO, NACIONALISTA GALEGO
    GONÇALES BLASCO ''FOZ'', LUÍS
    En «Celso Emilio Ferreiro, nacionalista galego» Luís Gonçales Blasco «Foz» propón unha achega ao comportamento político do poeta de Celanova: desde a súa vinculación co movemento nacionalista das Mocedades Galeguistas, até que foi expulsado da UPG e despois militou no PSG para, nos últimos anos de vida ingresar, de forma testemuñal, no PSOE. A obra, que trata tamén o contexto h...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    17,95 €

  • DICIONARIO DE FRASEOLOXÍA GALEGO-CASTELÁN CASTELÁN-GALEGO
    LÓPEZ TABOADA, CARMEN / SOTO ARIAS, Mª ROSARIO
    O Dicionario de Fraseoloxía Galego-Castelán Castelán-Galego, da autoría de Carme López Taboada e María Rosario Soto Arias, recolle máis de vinte mil frases feitas, o que supón un dos maiores repertorios lexicográficos deste tipo publicado en lingua galega. A información proporcionada en cada entrada dividiuse en cinco campos: a clave, a frase, o texto, o significado e a(s) corr...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    39,95 €

  • COMO FALAR E ESCRIBIR EN GALEGO CON CORRECCIÓN E FLUIDEZ
    CALLÓN, CARLOS
    De xeito desenfadado e mediante anécdotas, neste libro práctico ofrécense consellos para darmos o paso de usar o galego e para mellorarmos a nosa cualidade lingüística, desbloqueando os prexuízos e medos aprendidos e asumindo que os problemas con que nos encontramos moitas veces non son de orixe gramatical, senón social. Este libro é útil para un público diverso, interesado na ...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    14,50 €

  • ABONDA CON VIVIR
    DOPICO, MONTSE
    Unha biografía feita con retallos da memoria que gardaron de Luísa Villalta persoas que formaron parte da súa rede afectiva. Unha análise literaria, sociolóxica e histórica que percorre todas as mulleres que foi Villalta. Un diálogo, con forma de reportaxe, coas súas amizades para tentar explicar quen era Luísa e por que escribiu o que escribiu. ...
    Entrega en 8 - 10 días

    12,95 €

  • A SOIDADE DAS NENAS
    BEIZANA VIGO, MIRIAM
    Celia, unha nena que vive no orfanato Hijas de la Caridad, desaparece sen deixar pegada. Emilia, a súa mellor amiga, tentará suplir o oco que deixa uníndose irremediablemente á súa irmá xemelga, MX, quen fuxirá da pantasma da desaparecida nunha carreira cara adiante. Esa unión medrará con elas nunha relación amorosa de cimentos fráxiles, pero a incógnita da desaparición atormen...
    No disponible

    13,95 €

  • PEQUENA MITOLOXÍA DE GALICIA
    REIGOSA, ANTONIO / MIRANDA, XOSÉ / CUBA, XOÁN R.
    As meigas, o Monte Pindo, os nubeiros, Brancaflor, os mouros, a herba de namorar, a Raíña Lupa, os moradores dos castros, o rato que leva os dentes das crianzas, a noite de San Xoán, as bruxas, o lobishome, os biosbardos, a estadea, o home do saco ou as cidades asolagadas son algúns dos habitantes desta «Pequena Mitoloxía de Galicia» escrita por Xosé Miranda, Antonio Reigosa e ...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    15,50 €

  • A LAVANDEIRA DE SAN SIMÓN
    MEJUTO RIAL, EVA MARÍA
    «Nunca vira esta parte da illa, nin a torreta nin o enreixado, nin os gardas cos fusís que vixiaban, nin os centos de homes que agardaban detrás deles, coa fame e o medo nos ollos. Desde a nosa casa só se vían unhas poucas árbores e a ponte. Máis nada. As cousas non sempre son como parecen...» A illa de San Simón foi, durante a Guerra Civil, cadea e campo de concentración de má...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    17,50 €

  • UN ANIMAL CHAMADO NÉBOA
    COSTAS ÁLVAREZ, LEDICIA
    A capacidade de resistencia á dor física ou psicolóxica non se pode medir. Tampouco o grao de maldade que pode chegar a concibir o ser humano. É en situacións límite cando as persoas sacan a relucir comportamentos insólitos, para ben e para mal. No escenario da II Guerra Mundial tiveron lugar episodios tan estarrecedores e crueis que algúns deles resultan imposibles de dixerir....
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    19,50 €

  • GUÍA DAS PLANTAS DE GALICIA
    GARCÍA, XOSÉ RAMÓN
    A "Guía das plantas de Galicia", do botánico Xosé Ramón García, é un instrumento imprescindible para o coñecemento básico da actual flora do noso país. A partir dunha terminoloxía sinxela, permítenos a determinación polo miúdo das especies que os estudosos e afeccionados poden atopar nas saídas ao campo ou nos paseos pola súa contorna. O libro comeza cunha introdución xeral que...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    55,95 €

  • CRÓNICAS DA CINZA
    ALONSO, BIEITO
    A historia dos migrantes galegos que chegaron a América para navegar en barcos, para alimentar caldeiras, para descargar fardos, ou para construir e dirixir sindicatos nos que se agrupaban traballadores portuarios e marítimos, segue a ser unha sorte de dilema historiográfico, agochada, como semella, no seo dunha interpretación heroica ou patriótica da migración americana. Ao ca...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    22,95 €

  • ESPERTA DO TEU SONO
    RONTANO, LOLA
    «Esperta do teu sono» toma como motivo central o conflito da mina de Corcoesto, en Cabana de Bergantiños, para presentar en clave de intriga unha ficción que mestura ecoloxía, desobediencia civil, loita pola terra e solidariedade entre comunidades rurais e urbanas. Entre misteriosas mortes e vellos rancores, Vila Amparo, un porto de mar da Costa da Morte, será testemuña da pau...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    19,50 €

  • A FOLLA AZUL
    MACEIRAS, ANDREA
    A Amazonia é un mundo verde e único. Tamén é o fogar de moitas tribos indíxenas que viviron alí desde o inicio dos tempos. Algunhas delas manteñen relación coa civilización, mentres que outras decidiron permanecer voluntariamente ocultas no corazón da selva. A miña tribo é unha delas. Eu son Husu Aké, membro da tribo dos Tacaré, filla da Nai Terra e habitante do mundo verde. E ...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    13,50 €

  • A PUNTA DE PISTOLA
    ALONSO, FRANCISCO
    A punta de pistola ábrese cunha escena de ritmo trepidante: un delincuente de pouca monta, coñecido como O Varas, e a súa muller, Rica, acoden a un Centro de Acollida Familiar para ver os seus fillos, baixo a tutela dos servizos sociais. Unha vez alí, secuéstranos e lévanos a punta de pistola. Así comeza unha frenética fuxida. Ao tempo, outra historia transcorre en paralelo: a...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    13,50 €

  • DESMENTINDO A PRIMAVERA
    ALEIXANDRE JIMÉNEZ, MARILAR
    Desmentindo a primavera pode lerse como a memoria dunha casa, de tantas casas de Galicia, onde o lume estivo prendido ininterrompidamente desde mediados do século XV ata finais do XX, en que os libros turran polos fillos para fóra da casa e do lugariño. A memoria da casa mestúrase coa do seu último habitante, coa das abellas, cronistas de mortes e nacementos, do bambú que consp...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    16,95 €

  • A EXPEDICIÓN DO PACÍFICO
    ALEIXANDRE JIMÉNEZ, MARILAR
    A expedición do Pacífico é unha novela de aventuras que conta as peripecias dunha nena de doce anos, Emilia, que se agacha como polisón nunha expedición científica que parte para explorar o Pacífico. A acción que se desenvolve no século XIX, non renuncia a estar escrita desde este fin de século. As ideas feministas, a polémica entre o darwinismo e o creacionismo a paixón polo c...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    13,50 €

  • MARÍA VICTORIA MORENO. A MULLER QUE DURMÍA POUCO E SOÑABA MOITO
    ALEIXANDRE JIMÉNEZ, MARILAR / CASALDERREY, FINA
    Este libro é un acto de cariño, no que Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre ofrecen un fermoso retrato de María Victoria Moreno, a escritora, á que está dedicado o 17 de maio de 2018. Iniciada polo relato apaixonante do que sucedía na libraría Xuntanza de Pontevedra, da que era socia María Victoria, esta biografía segue o fío da vida da autora, dende os seus anos difíciles d...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    13,50 €

  • EU TAMÉN FUN PEQUENA
    BLANCO, CONCHA
    Todas as noites, antes de durmir, a avoa Concha cóntalles ás súas netas lembranzas da infancia nos anos cincuenta na aldea de Lires, que contrastan coa forma de vida actual: fálalles do mundo rural da época, da nula presenza da tecnoloxía ou das escasas infraestruturas. A través dos recordos da avoa e das preguntas que fan as nenas Ana e Mariña, abórdanse temas como o coñecemen...
    Sin stock - Consulta disponibilidad aquí

    12,95 €